FRAGATA STA. MARÍA MAGDALENA
Categories: FRAGATA MAGDALENA

Partes recuperadas do pecio da fragata “Santa María Magdalena”. Construída en 1773 nos chanzos de Esteiro e que naufragou por un temporal durante a noite do 2 ao 3 de novembro de 1810 na ría de Viveiro. Con arredor de 800 falecidos, foi o maior naufraxio da historia de Galicia.

No ano 2018 o pecio tivo que someterse a un proceso de restauración, xa que durante os anos que estivo en servizo, sufriu unha infestación do molusco xilófago Teredo Navalis e a madeira estaba moi deteriorada.