CATÁLOGO DE PEZAS PRINCIPAIS
Museo da Construción Naval de Ferrol
EXPONAV

O Museo da Construción Naval de Ferrol, unha actividade da Fundación Exponav é un museo único na súa temática, sendo por tanto o máis importante de España en canto a Construción Naval. Entre os seus fondos podemos atopar todo tipo de pezas propias desta disciplina, como ferramentas de construción, sistemas de
propulsión, maquetas e mesmo os restos dunha fragata afundida en 1810.

Todo iso, dentro dun edificio singular, con tanta importancia como a propia colección de pezas, unha antiga ferrería do século XVIII, destinada á fabricación, entre outras cousas, de áncoras e cadeas, chegando a albergar no seu momento a máis de 140 traballadores.

  • Corte dunha turbina que mostra as tres partes dela: paletas de ciar, de cruceiro e de navegación. Complétase coa redución necesaria para atacar a hélice. ...

  • Ferramenta empregada para golpear ensambles, armaduras, mangos de formóns, remaches etc.

  • Maqueta do dique número 2 de Bazán, o Reina Victoria Eugenia, feita con motivo do seu cincuenta aniversario. Este dique foi construído entre 1909 e ...

  • Dispositivo mecánico que pode ser accionado manualmente ou por un motor eléctrico e que serve para levantar ou desprazar grandes cargas. Procede da antiga machina ...

PLANTA BAIXA

O Museo comeza na planta baixa do edificio Herrerías. A primeira etapa do percorrido se subdivide en cinco módulos temáticos.

Visitar

PRIMEIRA PLANTA

A Sala de Exposicións temporais aloxa mostras pictóricas, fotográficas, e artísticas de temas tocantes á mar.

Visitar